O Narón obligou ao Burela a coller o camiño máis longo

En Fase de Ascenso, Infantil, Infantil Autonómica, Principal

Os de Javi Ruiz tiveron opcións de ascenso, pero agora caen á repesca e teñen dúas eliminatorias por diante

 

NARÓN 2 – BURELA 1

O Burela tomou o camiño máis longo para o desembarco na Liga Galega infantil.

Os de Javi Ruiz gañáronse a pulso o comodín da vida extra na fase de ascenso ao quedar campións provinciais e aínda que buscaron e practicamente tocaron cos dedos o ascenso directo, terán que pasar dous eliminatorias para conseguilo.
O Narón xa é novo equipo da Liga Galega infantil tras gañar a eliminatoria polo valor dobre dos goles en campo contrario. Na ida o Burela impúxose por tres goles a dous, polo que o dous a un da volta dálle o pase ao Narón.
A eliminatoria tivo todos os ingredientes que fan únicos estes encontros. Calidade, tensión -únicamente no deportivo, xa que o comportamento do Burela e Narón ao longo dos dous partidos foi espectacular- e sobre todo emoción, xa que o pase estivo no aire ata o asubío final.
O Burela foi mellor na posta en escena, facéndose co balón e o control do xogo, pero a partir do cuarto de hora inicial o Narón impuxo o seu fútbol directo e inaugurou o marcador tras unha contra e ampliouno ata o dous a cero antes do descanso cun gol olímpico tras saque de esquina.
No descanso Javi Ruiz moveu ficha. Coa entrada de Ramiro pasou a unha defensa de tres e empezou a asediar a portería dun Narón que volveu ter no porteiro ao seu mellor xogador, pero Adrián deulle emoción á recta final co dous a un deixando ao Burela a tan só un gol do ascenso á Liga Galega infantil.

 

“Toca levantarse e prepararse para o seguinte reto. Este equipo nunca se rende”javi RUIZ Burela

También puedes leer!

Punto e final á travesía do Polvorín

o Conxo Santiago eliminou aos de Caballero tras un encontro no que os lucenses soñaron co pase tralo 1-0

Leer más...

O Álex Blanco volverá ser decisivo

Oitenta minutos separan ao Calasancio do ascenso á Liga Galega. Un partido que se disputará en Monforte e no

Leer más...

Á cuarta foi a vencida da Sarriana

A xeración adestrada por Edgar impúxose a Burela na quenda de penaltis tras catro temporadas consecutivas chegando á final

Leer más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu