O marcador non reflicte a superioridade local ao longo do encontro

En Infantil, Liga Galega Infantil, Liga Galega Sur

CARLOS FONTAL – CP Calasancio

“Mostramos cinco minutos de debilidad, y en esta categoría penaliza mucho”

CALASANCIO 2 – ALONDRAS 2

O Calasancio mereceu máis botín que o punto conseguido ante un Alondras que propuxo menos pero foi máis contundente nas ocasións que tivo.
Os monfortinos empezaron moi ben o partido, con moitísimo dominio e boa circulación do balón, polo que o premio non tardou en chegar. Ao cuarto de hora un centro chut de Nodar coouse na portería rival, establecendo deste xeito o xusto un a cero.
Con todo, a alegría durou pouco nos Escolapios, xa que nada máis sacar de centro, o Alondras empatou na súa primeira ocasión ante Moledo.
O gol deixou tocados aos de Carlos Fontal e os visitantes non deixaron pasar a oportunidade de facer sangue ao darlle a volta ao marcador co un a dous, tan só cinco minutos despois de que se adiantase o Calasancio co un a cero.
Lonxe de irse por completo do partido, os monfortinos volveron a enderezar o rumbo, recuperaron a confianza e empataron antes do descanso ao rematar no primeiro pau Álex un saque de esquina lanzado por Xoel Irimia.
Con toda a segunda parte por diante o Calasancio foi o equipo que máis propuxo sobre o terreo de xogo, dominando a posesión, pero aos monfortinos faltoulles profundidade para converter o dominio en ocasións claras de gol coas que poder sumar os tres puntos en xogo.
Ao final, a segunda parte transcorreu con moitísimo xogo no medio campo e sen apenas ocasións de gol, polo que o Calasancio tívose que conformar cun punto neste encontro ante o Alondras.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu