O marcador final non eclipsa a proposta dun Lugo que xa pensa na próxima tempada

En Cadete, Cadete Superiores, División de honra

JOSE MATO – CD Lugo

“Este equipo no se guía por resultados, sino por un modelo formativo”

CD LUGO 0 – SANTIAGO 2

Unha vez que o Lugo xa ten os deberes feitos a nivel clasificatorio, o que resta de tempada servirá para ir preparando o próximo curso, no que o groso do persoal dará o salto á Liga Nacional xuvenil, mentres que se van introducindo pouco a pouco xogadores de primeiro ano para que se vaian rodando na categoría.
Jose Mato, coma o resto dos equipos da base do Lugo, apostou neste encontro por un sistema de xogo no que, sobre todo en defensa, espuxo moito aos xogadores, provocando que o encontro fose de ida e volta.
Os primeiros en pegar foron os composteláns co cero a un ao cuarto de hora, tras unha acción a balón parado na que aproveitaron un rexeite para inaugurar o marcador.
Sen variar a folla de ruta o Lugo estivo ben e conseguiu xerar perigo, aínda que non puido concretar ningunha das ocasións ante un bo rival que non renunciou ao ataque en ningún momento.
Tralo descanso, a entrada de Xabi deulle aos lucenses máis criterio e fluidez co balón no medio campo. A entrada de Manu e o debut de Samu tamén lle deron un plus a un Lugo que cando máis preto parecía que tiña o empate, encaixou o cero a dous nunha acción de infortunio tras un gol en propia porta.
Con media hora por diante o Santiago fíxose forte en defensa e apenas pasou por complicacións ante un Lugo que, co cero a dous, despediuse da loita polos puntos neste encontro.
Na próxima xornada os de Jose Mato viaxan a Ames para medirse co Bertamiráns, un equipo que chega á cita coa auga ao pescozo, inmerso na loita pola permanencia, polo que a esixencia volverá ser máxima. Pero o Lugo seguirá competindo para a mellora colectiva e individual de cara ao próximo ano, unha vez que a nivel clasificatorio a tempada xa está aprobada.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu