O Lugo xogou de poder a poder ante o Celta na Madroa

En Cadete, División de honra

1-1 ao descanso, mentres que na segunda metade a fortuna deulle as costas aos de Martín Murado

O Lugo volveu ofrecer unha boa imaxe a domicilio, pero esta vez co engadido de que foi na Madroa ante todo un Celta de Vigo.
Os de Martín Murado chegaron con empate a un ao descanso e buscaron os puntos ata que, a falta de catro minutos, o Celta sentenciou o encontro co definitivo tres a un no marcador.
Ata entón, cunha variante táctica, ao situar a Rosón de media punta e cun dobre pivote formado por Samu e Javi, a iniciativa no xogo foi dos locais, pero diante tiveron a un Lugo moi ordenado que pechou as liñas de pase e que foi crecendo en ataque co paso dos minutos. No ecuador da primeira parte o Celta inaugurou o marcador co un a cero tras un balón á espada da defensa lucense, pero o Lugo non se veu abaixo e á media hora empatou cun remate de Asier tras un saque de esquina lanzado por Manu.
Na segunda parte mantívose o guión, co Celta levando o peso do xogo e o Lugo sendo perigoso á contra. A fortuna sorriu ao líder cun penalti que supuxo o dous a un. A partir de aí o Lugo foise con máis descaro a polo empate, deixando máis espazos en defensa, e iso o Celta non o perdoou aínda que tan só puido sentenciar o encontro na recta final co tres a un.
Na próxima xornada os de Martín Murado despedirán o 2018 en casa recibindo ao Atlético Coruña Montañeros.

“Competímoslle ao mellor equipo da Liga” MARÍN MURADO CD Lugo

También puedes leer!

Punto e final á travesía do Polvorín

o Conxo Santiago eliminou aos de Caballero tras un encontro no que os lucenses soñaron co pase tralo 1-0

Leer más...

O Álex Blanco volverá ser decisivo

Oitenta minutos separan ao Calasancio do ascenso á Liga Galega. Un partido que se disputará en Monforte e no

Leer más...

Á cuarta foi a vencida da Sarriana

A xeración adestrada por Edgar impúxose a Burela na quenda de penaltis tras catro temporadas consecutivas chegando á final

Leer más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu