O Lugo infantil xa pensa na segunda fase, na que loitará pola Copa Galicia

En Infantil, Liga Galega Infantil, Liga Galega Norte, Principal

MIGUEL – CD Lugo

““Foi un bo partido para probar xogadores do equipo B que deron un moi bo nivel”

CD LUGO 1 – CALASANZ 2

O Lugo xogará a Copa Galicia na segunda fase da competición. Malia non sumar no último partido desta primeira fase, os albivermellos contaban con renda abonda para manterse na parte alta da táboa e eludir a liguiña pola permanencia.
O Calasanz, que non perdeu ningún partido no que vai de temporada, mostrou o porque da sua imbatibilidade nunha primeira parte na que dominiou o encontro, presionando moi arriba e impedindo que o Lugo fixese o seu xogo.
Jacobo mantivo a igualdade no marcador con dúas boas intervencións, pero nada puido facer ante un disparo dende fóra da área que, no ecuador da primiera metade, adiantaba aos coruñeses.
O gol afianzou aínda máis o seu dominio no que restaba de primeira metade pero, tras o descanso, a posta en escena foi distinta. O Lugo presionou máis arriba e asegurou máis o control do balón, empezando a ter opcións de cara a portería rival. Nunha boa acción pola banda dereita, primeiro Gabri e en segunda opción, Borja, tiveron nos pés o empate. Non foi daquela, pero o 1-1 chegou tamén pola banda dereita, a dez minutos para o final, nun centro de Lucas que rematou de cabeza Buíde, un dos catro xogadores de primeiro ano convocados para o encontro, canda Marco, Lucas e Raúl.
Sen tempo para que os albivermellos puidesen saborear o gol, o Calasanz volveuse poñer por diante cun disparo desde o medio campo, nada máis sacar de centro.
Nos últimos minutos o Lugo buscou o gol, pero o Calasanz mantivo a seguridade atrás e o partido rematou con vitoria visitante.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu