O Lugo volveu ofrecer a domicilio unha gran imaxe

En Cadete, División de honra

Hat Trick de Brian na cuarta vitoria consecutiva a domicilio do Lugo na División de Honra

Cuarta vitoria consecutiva a domicilio para o Lugo na División de Honra cadete. Os de Martín Murado seguen ofrecendo a súa mellor versión como visitantes e os números demóstrano ao sumar os últimos doce puntos en xogo con doce goles a favor e tan só un en contra, o que recibiron neste encontro cando xa gañaban 0-3.
Exceptuando o primeiro cuarto de hora en Coruxo, que foi de tenteo entre os dous equipos, o Lugo dominou con autoridade o encontro a partir da posesión do balón. Unha posesión con verticalidade por bandas, chegadas a liña de fondo e remates.
O cero a un chegou ao fío da media hora de partido ao bater Brian ao porteiro local cunha vaselina. Acto seguido Rosón estrelou un balón no poste tras un bo disparo desde a frontal da área e no medio do monólogo lucense, Iago Fernández serviu un bo centro desde a liña de fondo que Brian enviou ao fondo das mallas cun remate de nove nato para chegar ao descanso con cero a dous no marcador.
Na segunda parte Brian asinou o hat trick ao rematar un córner peiteado por Javi, e pese a que o Coruxo recortou distancias, Borja fixo o un a catro final nun partido cómodo e vistoso do Lugo.

“O mellor xogo combinativo da tempada fixo posible este bo resultado”         MARTÍN MURADO CD Lugo A

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu