O Lugo volveu á senda da vitoria tras catro partidos sen gañar

En Cadete, Cadete Superiores, División de honra

JOSE MATO – CD Lugo

“Estamos moi orgullosos do traballo, como colectivo, de todos os xogadores”

CD LUGO 4 – AREOSA 2

O Lugo reencontrouse cos tres puntos na División de Honra cadete tras impoñerse nas Gándaras nun partido no que os cambios dos lucenses mantiveron, e ata lle deron un plus, ao equipo para poñer fin á resistencia dun bo Areosa que non contaba con tanta calidade no seu banquiño.
O Lugo tomou moi pronto as rendas do marcador, xa que nada máis empezar David rematou de cabeza o balón ao fondo das mallas.
O Areosa intentou presionar arriba, pero o Lugo atopou vías para saír co balón xogado e antes do cuarto de hora inicial xa mandaba por dous a cero no marcador tras ampliar a vantaxe Andrés, logo de aproveitar un agasallo defensivo da defensa visitante e plantarse no man a man co porteiro do Areosa, ao que regateou e rematou a porta baleira.
Herrero puido facer o tres a cero antes de que os visitantes recuperasen o pulso no tramo final da primeira parte, chegando ao descanso ata con mellores sensacións que o Lugo tras recortar distancias e chegar ao final da con dous a un.
Ao pouco de empezar a segunda, aos sete minutos, chegou o empate a dous tras un remate logo dunha falta lateral do Areosa. Co dous a dous no marcador Jose Mato moveu ficha, refrescando cos cambios ao equipo e estes responderon a un gran nivel, mentres que os dos visitantes non aportaron tanto.
Á hora de xogo Xabi volveu poñer por diante ao Lugo ao transformar un penalti sobre Yago. A partir de aí o Areosa foise ao ataque en busca do empate, pero deixou espazos atrás que o Lugo soubo explotar. Nunha desas contras Juan Carlos asistiu e Prol escondeu o balón e regateou a varios rivais ao bordo da área ata que foi derrubados dentro cun claro penalti que nesta ocasión transformou Yago para sentenciar o encontro co definitivo catro a dous.
Na próxima xornada, que se disputará tralo parón da Semana Santa, os de Jose Mato visitan un dos campos máis complicados da categoría, como é Condomínguez, onde se medirán co Val Miñor en Nigrán.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu