O Lugo volve enderezar o rumbo tras lucirse en Cotogrande

En Cadete, División de honra

Segunda vitoria folgada a domicilio dos de Martín Murado, que seguen escalando posicións na táboa tras encadear tres encontros seguidos sen perder

O Lugo enlazou ante o Santa Mariña por primeira vez esta tempada tres encontros sen coñecer a derrota. Os de Martín Murado fixérono ademais con solvencia tras gustarse en Cotogrande, nun partido efectivo en ataque e sen lagoas defensivas.
As reducidas dimensións do terreo de xogo obrigaban aos lucenses a ser moi intensos tanto nas disputas como nas segundas xogadas, e o Lugo púxose o mono de traballo desde os primeiros minutos nos que a igualdade foi total.
No ecuador da primeira parte o conxunto albivermello tomou a iniciativa no marcador ao transformar Manu un penalti, asinando deste xeito o seu quinto gol da tempada.
O Santa Mariña intentou reaccionar e dispuxo dunha clara ocasión antes de chegar ao descanso cun disparo que se estrelou no poste. No intermedio, Martín Murado corrixiu algún aspecto do xogo e o Lugo deu un paso á fronte na segunda parte.
O cero a dous deulle moita tranquilidade aos lucenses. Samu foi o autor do mellor gol do encontro cunha precisa vaselina desde fóra da área.
A partín de aí o Lugo foi o gran dominador do encontro, tivo o control a partir da posesión ante un Santa Mariña incapaz de crear perigo, mentres que os lucenses romperon o marcador con autoridade no tramo final do encontro.
Pérez fabricou o cero a tres que subiu Borja ao marcador e o cero a catro por medio de Siro ao rematar un pase da morte do extremo lucense.
Ao final, xusta vitoria para un Lugo que suma sete dos últimos nove puntos en xogo coa asignatura pendente de volver gañar en casa, algo que esperan saldar a próxima xornada ante o Conxo Santiago.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu