O Lugo tivo opcions de puntuar ata os minutos finais

En Infantil, Liga Galega Infantil, Liga Galega Norte

BRAIS PRADOS  – CD Lugo

“Me quedo con la capacidad del equipo para igualar el marcador yendo por detrás dos veces, y por su trabajo hasta el pitido final”

SAN TIRSO 3 – CD LUGO 2

Un gol a falta de dez minutos para o final privou ao Lugo de sumar nun partido de poder a poder ante un San Tirso máis necesitado de puntos, xa que se xogaban unha praza entre os catro primeiros clasificados.
Isto fíxose valer no tramo inicial, xa que pese a non dispoñer de ocasións claras de gol, o San Tirso levou o peso do partido na media hora inicial, na que se adiantaron no marcador, mentres que nos últimos dez minutos da primeira parte o Lugo empezou a ensinar as uñas.
Freire estivo a piques de empatar ao comezo da segunda parte tras unha gran xogada individual, pero acto seguido fabricou o un a un que selou Gabri. O infortunio cebouse co Lugo ao encaixar o dous a un en propia porta, pero a reacción volveu ser brillante e froito diso Gabri fixo o dous a dous ao transformar un penalti.
O Lugo xerou ocasións para darlle a volta ao marcador, entre elas un disparo ao largueiro e un man a man, pero a pegada correu a cargo dun San Tirso que sentenciou o partido co o tres a dous final nos últimos minutos.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu