O Lugo rabuña un merecido punto no campo do líder

En Infantil, Liga Galega Infantil, Liga Galega Norte

BRAIS PRADOS – CD Lugo

“O nivel de esixencia deste partido foi un dos máis altos e soubemos estar á altura. Noraboa a todos os xogadores”

PABELLÓN 1 – CD LUGO 1

Segundo empate consecutivo do Lugo nunha Copa Galicia á que os de Brais Prados xa lle empezan a tomar o pulso, sobre todo tras sacar un empate de Ourense ante un Pabellón que é o líder da competición.
Con cinco xogadores de primeiro ano no once inicia o Lugo, lonxe de cohibirse, foise a polo partido e ata dispuxo das ocasións máis claras con Marco e Ayman como os máis incisivos en ataque, mentres que en defensa brillou o bloque por encima dos nomes propios, concedendo tan só unha ocasión na primeira parte cun disparo afastado que se estrelou no larguero.
Tralo descanso os locais tiveron unha gran posta en escena, e froito diso adiantáronse no marcador cun remate tras rexeite de Jacobo. A partir de aí o máis fácil seria borrarse, pero o Lugo deu un paso á fronte, e coa entrada no campo de Lucas os lucenses subíronselle ás barbas ao Ourense, empatando o partido o Manel de penalti e dispoñendo de ocasións de gol ata o asubío final para remontar.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu