O Lugo, o campión máis madrugador do fútbol provincial

En Benxamíns, Primeira División Benxamín, Principal grande

O Lugo xa é matematicamente campión provincial. A vitoria ante a Milagrosa asegÚralles aos de Hugo Vázquez a primeira praza a tres xornadas para que remate a competición. Unha anticipación que reflicte a súa hexemonía na categoría. os albivermellos non cederon nin un só punto no que vai de temporada,
Se o título e o primeiro billete para o campionato galego parecían ter dono desde hai xornadas, máis emocionante se presenta a loita pola segunda praza e o segundo boleto.
O Rácing Villalbés A, que lla arrebatou ao Porto de Burela na penúltima xornada, segue co rumbo fixo tras vencer á Residencia na Magdalena. Os chairegos amarraron o partido cun 4-0 aínda que despois os branquiazuis recurtaron distancias.
O Porto de Burela tamén sumou os tres puntos tras impoñerse ao CP Lucense nas Gándaras. Os de Raúl Lara adiantáronse moi axiña, pero os locais reaccionaron e tiveron ocasións para empatar antes de que, no treito final, o 0-2 de Sergio sentenciase o encontro.
No outro partido da xornada, o Santiago de Foz impúxose ao Sagrado Corazón en Malates. Malia poñerse con 3-0, os mariñaos acabaron sufrindo ante un Sagrado Corazón que quixo resarcirse do mal inicio.

También puedes leer!

Punto e final á travesía do Polvorín

o Conxo Santiago eliminou aos de Caballero tras un encontro no que os lucenses soñaron co pase tralo 1-0

Leer más...

O Álex Blanco volverá ser decisivo

Oitenta minutos separan ao Calasancio do ascenso á Liga Galega. Un partido que se disputará en Monforte e no

Leer más...

Á cuarta foi a vencida da Sarriana

A xeración adestrada por Edgar impúxose a Burela na quenda de penaltis tras catro temporadas consecutivas chegando á final

Leer más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu