O Lugo, no corte dos oito mellores

En Infantil, Liga Galega

Esta tempada a Liga Galega divídese en dous, por un lado os 8 primeiros polo título Galego e por outro os 10 últimos 

Nestas páxinas informouse por erro de que o corte para disputar o título Galego sería como na pasada tempada dos catro primeiros clasificados. A realidade é outra, xa que este ano hai un cambio de formato na competición e suprímese a Copa Galicia, na que participou o Lugo a campaña 2017/2018. Nesta edición a primeira fase da Liga Galega infantil terminará con dous bloques, Os 8 primeiros xogarán polo título Galego e os 10 últimos por evitar o descenso.
Tras impoñerse ao Calasanz o Lugo onte pola mañá, os lucenses están oitavos a falta de catro xornadas nas que dependen deles mesmos para estar entre os mellores equipos de Galicia. Sentimos a confusión que se puido crear con esa errónea información que emendamos grazas á colaboración de pais e nais deste equipo.

Nas Gándaras o Club Deportivo Lugo fixo fácil o seu partido ante o Calasanz pese a que os herculinos inauguraron o marcador aos oito minutos tras un saque de esquina. A reacción non se fixo esperar e tan só dous minutos despois Ayman fixo o un a un cun remate no segundo poste.
Ao cuarto de hora Dani Pérez puxo por diante ao Lugo cun gran disparo desde a frontal da área coa súa perna menos boa, a diestra, colocando o balón na escuadra, e á media hora de partido os de Dani Galán puxeron terra polo medio no marcador co tres a un que asinou Antón e co que se chegou ao descanso.
O ritmo na segunda parte foi máis lento, pero o Lugo tivo controlado o encontro en todo momento. Unha falta ao borde da área executada por Ayman foi despexada polo porteiro coruñés, pero Dani García, no seu segundo partido da tempada, foi o máis listo e aproveitou o rexeite para facer o definitivo catro a un nas Gándaras.
O Lugo viaxa a Riveira o vindeiro xoves e a fin de semana desprázase a San Tirso para afrontar o dobre compromiso que teñen todos os equipos de categorías superiores por diante esta semana.

“Buen partido en líneas generales. Toca seguir trabajando duro” DANI GALÁN CD Lugo

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu