O Lugo mantén o soño de acadar unha praza polo título galego infantil

En Infantil, Liga Galega Infantil, Liga Galega Norte

BRAIS PRADOS – CD Lugo

“Moi contento pola concentración e polo traballo que realizou o equipo ao longo dos oitenta minutos de xogo”

CD LUGO 10 – ONCE CABALLEROS 0

A falta de tres xornadas para que termine a primeira fase da Liga Galega infantil, o Lugo mantén opcións de meterse entre os catro primeiros clasificados, o que lle daría aos de Brais Prados a opción de disputar o título Galego entre os oito mellores equipos de Galicia.
A loita será trepidante nas tres últimas citas, xa que ata seis equipos loitarán por dúas prazas ao estar xa clasificado o Deportivo e ter pé e medio o Calasanz. A partir de aí, San Tirso, Bertamiráns, Oroso, Lugo, Ural e Bergantiños, todos eles nunha marxe de cinco puntos, buscarán a súa praza entre os catro primeiros.
Para chegar con estas opcións o Lugo volveu á senda da vitoria tras unha derrota e dous empates nas últimas tres xornadas. Fíxoo ante o Once Caballeros, nun partido no que a intensidade do Lugo fíxose valer ao longo dos oitenta minutos.
Ao descanso o marcador xa era de sete goles a cero, e na segunda ampliouse con tres goles máis para afinar o punto de mira e a posta a punto de cara ás tres próximas finais.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu