O Lugo mantén a forma cunha sólida vitoria nun campo complicado

En Cadete, Cadete Superiores, División de honra

JOSE MATO – CD Lugo

“El equipo retomó la buena línea que dejó antes de irse de vacaciones”

AROUSA 2 – CD LUGO 3

O Lugo debutou en 2018 con boas sensacións, as mesmas coas que se despediu do 2017, malia que no último encontro os lucenses deixáranse os tres puntos ante o Pontevedra. Con todo, suman 12 dos últimos 15 en xogo, e con esta carta de presentación visitarán na próxima xornada ao gran dominador da competición, o Celta de Vigo, que só cedeu un empate en toda a primeira volta.
O rendemento do equipo era unha incógnita tralo parón de Nadal, no que Mario Prol e Xabi Becerra estiveron presentes coa Selección Galega na primeira fase do Campionato de España.
O resto do equipo demostrou que tamén fixo os deberes, asinando un partido moi serio en Vilagarcía de Arousa, onde as reducidas dimensións do terreo de xogo marcarían o encontro.
O Lugo púxose o mono de traballo desde os primeiros minutos e foi de menos a máis. Monopolizou as ocasións na primeira media hora de partido, ata que Yago atopou o camiño do gol para facer o cero a un e o cero a dous prácticamente consecutivos.
Antes do descanso o Arousa recuperou o pulso ao recortar distancias nun dos poucos erros que cometeron os lucenses nos primeiros corenta minutos.
Tralo descanso os locais saíron con forzas renovadas, pero salvados os quince primeiros minutos de angustia, o Lugo volveu tomar o mando malia que o Arousa asinou o momentáneo empate a dous. Sen perder a calma, o Lugo mantivo a folla de ruta e Mario Prol fixo o dous a tres ao culminar unha acción de Herrero, e fíxose forte nos minutos finais para manter a vantaxe ante un Arousa que buscou pola vía máis directa o empate.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu