O Lugo gaña en Nigrán e volve soñar cun posto no play off

En Gallega Infantil, Infantil, Principal

A falta de dúas xornadas os albivermellos teñen opcións de estar entre os catro primeiros. Necesitan unha derrota do Pabellón ante o Val Miñor para chegar con opcións á última cita

VAL MIÑOR 1 – CD LUGO 2

O Lugo recuperou o pulso e as boas sensacións cunha vitoria de moito mérito en Nigrán ante Val Miñor, que ten aínda máis importancia trala derrota do Pabellón Ourense ante un Deportivo que segue lucíndose nesta segunda fase, polo que o cuarto posto quédase a seis puntos de distancia.
As opcións de clasificarse para as semifinais da loita polo título Galego infantil pasan por unha derrota do Pabellón Ourense ante o Val Miñor na próxima xornada e un triunfo do Lugo na Coruña ante o Montañeros. Se isto sucede, Pabellón e Lugo xogarano todo a unha carta na última xornada no duelo directo que os medirá cos lucenses como locais.
O Lugo chegaba coa moral tocada a Nigrán tralo último encontro ante o Deportivo pero as penas pasaron rápido co cero a un que asinou Moha aos tres minutos na primeira aproximación á área local tras aproveitar o rexeitamenti do porteiro logo dun disparo de Marco.
O Lugo exhibiu pegada xa que na súa segunda ocasión ampliou a vantaxe. O cero a dous asinouno Manu cun disparo pegado ao poste desde fóra da área nunha primeira parte marcada pola pegada dos lucenses nos metros finais.
Tralo descanso o Lugo atopou vías para xerar perigo pero faltoulles calma e acerto no último pase. O porteiro local luciuse nun disparo de Marco que puido supoñer o cero a tres, mentres que o Val Miñor volveuse a meter na loita polos puntos cando estaba ao borde do KO ao empatar tras unha falta colgada á área.
O un dous deulle ás ao Val Miñor pero o Lugo puido sentenciar cun gol anulado sen sentido a Aymán tras un pase da morte de Dani.
O propio Dani foi expulsado por unha confusión do árbitro e o Lugo tivo que defender o resultado na recta final con unllas e dentes ante os seis minutos de prolongación que engadiu o colegiado.
Ao final, vitoria sufrida pero que mantén as opcións de clasificarse entre os catro primeiros para un Lugo que, na próxima xornada, tralo parón das competicións, terá un ollo en Ourense ademais de intentar sumar os tres puntos na Coruña ante o Montañeros.

 

“El equipo volvió a elevar el nivel competitivo” DANI GALÁN CD Lugo

También puedes leer!

Punto e final á travesía do Polvorín

o Conxo Santiago eliminou aos de Caballero tras un encontro no que os lucenses soñaron co pase tralo 1-0

Leer más...

O Álex Blanco volverá ser decisivo

Oitenta minutos separan ao Calasancio do ascenso á Liga Galega. Un partido que se disputará en Monforte e no

Leer más...

Á cuarta foi a vencida da Sarriana

A xeración adestrada por Edgar impúxose a Burela na quenda de penaltis tras catro temporadas consecutivas chegando á final

Leer más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu