O Lugo foi de máis a menos ata diluirse en Abegondo

En Cadete, División de honra, Principal

Gran posta en escena en Abegondo pero o ritmo era imposible de manter e o Deportivo rematou xogando a pracerO Lugo presentouse en Abegondo con todas as espadas no alto. Ata no quecemento dos xogadores se palpaban as ganas de facer algo grande, pero, se de algo puido pecar, foi posiblemente de exceso de ganas.
Deportivo e Lugo medíronse nun campo grande con altas temperaturas polo que o encontro faríase longo, e fíxose moi longo para os de Martín Murado que saíron mordendo na primeira media hora de xogo.
O Lugo asfixiou ao Deportivo e tivo chegadas claras para poder adiantarse no marcador. Excesode ganas e ansia nun equipo dúas marchas máis que os herculinos gañando duelos directos no medio campo e sen deixar xogar ao Deportivo.
Con todo os locais saíron con vida da primeira media hora, co cero a cero inicial no marcador, e a partir de aí empezaron a crecer ante o lóxico e esperado baixón do Lugo.
Nos últimos dez minutos da primeira parte o Deportivo xa atopaba liñas de pase e podía xogar por dentro para abrir o balón a banda. Nunha desas accións, practicamente na última da primeira parte,, tras un centro lateral e un despexe, chegou o un a cero para o Deportivo.
O Lugo chegou coa luz da reserva ao descanso e co golpe psicolóxico do un a cero, algo que se acrecentou na segunda parte xa que, nada máis empezar, chegou o dous a cero co que o partido quedou visto para sentenza nun segundo tempo no que o Deportivo xogou a pracer e ampliou a conta ata o catro a cero final.

También puedes leer!

O Burela está a oitenta minutos do ascenso

  BURELA 3 – NARÓN 2 O Burela esta a un partido, a oitenta minutos de facer historia ao

Leer más...

Tan só os penaltis afastaron ao Xove Lago do soño da fase final

Os de Kiko Rey caeron en semifinais ante o Calvo Sanz, campión zonal na fase disputada en Narón, e

Leer más...

A fortuna non estivo de cara

CD Lugo e Residencia alevín remataron cuarto e quinto respectivamente nas súas sedes, nas que caeron eliminados ante os

Leer más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu