O Lugo fai do podio o seu hábitat natural

En División de Honra, Principal grande, Xuvenil

Os de Álex Antón  impuxéronse con solvencia ao Colindres  na Cheda con goles de Schuster, Christian e Dani Real 

Trala derrota da pasada xornada en Coruña ante o Ural, o CD Lugo volveu á senda da vitoria e mantense no terceiro posto da táboa clasificatoria na División de Honra xuvenil -a cinco puntos do Celta e tan só a un do Sporting de Gijón- tras gañar onte ao colista Colindres por tres goles a cero nun partido dominado de principio a fin polo conxunto albivermello,
De inicio o plantexamento foi claro, un Lugo dono do balón buscando amplitude polas bandas, e o conxunto visitante, con cinco xogadores na defensa, esperando a súa opción á contra.
Os de Álex Antón tardaron pouco en derrubar a muralla, xa que no minuto sete Schuster aproveitaba un rexeite na área para mandar unha volea ao fondo da rede que supoñía o 1-0 no marcador. Pouco despois o propio Schuster puido ampliar a vantaxe nun man a man, pero atopouse co porteiro visitante.
O Lugo dominaba pero a defensa cántabra cubría ben os espazos, polo que ao descanso chegouse co 1-0 no marcador.
Tralo paso polos vestiarios o plantexamento non cambiou e, nada máis sacar de centro, Schuster enviou ao pau un disparo tras outro man a man co meta visitante.
No minuto 60 o Colindres quedouse con dez xogadores por dobre amarela a un defensa visitante tras unhas queixas ao línea, e a partir de aí o Lugo atopou mellor os espazos. Así, nunha xogada á contra, Christian aproveitou un pase de Schuster para definir no un para un cun disparo cruzado que se foi ao fondo da rede e que supoñía o 2-0 a vinte minutos para o final.
A partir de aí o encontro baixou de ritmo ata os minutos finais, nos que o Colindres buscou á desesperada o gol que os metera na loita polos puntos. Así, no tempo de desconto, o porteiro visitante subiu a rematar un córner, e tralo despexe da defensa albivermella orixinouse a contra na que Dani Vidal serviu en bandexa o 3-0 que asinou Dani Real a porta baleira xusto antes do asubío final, nunha acción de claro fóra de xogo.

Próxima xornada
O vindeiro xoves o Lugo viaxa a Nigrán para medirse ao Val Miñor no derradeiro encontro da primeira volta na División de Honra Xuvenil. O domingo a partir das 16:30 medirase ao Alondras na Cheda, ao que xa gañou na primeira xornada por 0-2.

“Fue un encuentro que tuvimos bajo control en todo momento” MIGUEL MATEOS CD Lugo

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu