O Lugo despídese na casa pola porta grande

En Cadete, Cadete Superiores, División de honra, Principal grande

os de Martín Murado impuxéronse ao Celta de Vigo, campión da División de Honra que non perdía dende outubro

 

CD LUGO 1 – CELTA DE VIGO 0

O Lugo despediu a tempada en casa ao grande. Os de Martín Murado puxeron a guinda a unha espectacular campaña

da mellor forma posible tras impoñerse ao Celta de Vigo, un equipo que se alzou co título Galego a falta de tres xornadas e que sumaba 27 partidos consecutivos sen perder, xa que os olívicos non caían desde o pasado mes de outubro do 2018.
O partido foi pola canle prevista. O Celta de Vigo chegou a monopolizar por momentos a posesión do balón, pero en zonas nas que non lle facía ningún dano ao Lugo, que pola súa banda defendeu coas liñas xuntas con moitísima orde e non renunciou ao ataque cando tivo a oportunidade.
De feito, a ocasión máis clara nos primeiros corenta minutos foi para os de Martín Murado, cun penalti por mans dun defensa celeste na área. Manu asumiu a responsabilidade, pero o seu disparo estrelouse no poste cando xa se cantaba o gol nas Gándaras.
Ao descanso chegouse co cero a cero inicial e na segunda parte, pese a que o Lugo tiña o aire a favor, o Celta por momentos ata intensificou o dominio, sobre todo tralo un a cero. Un gol que subiu ao marcador Castrín cun impoñente remate de cabeza á saída dunha falta lateral.
Con media hora por diante o Lugo púxose o mono de traballo en defensa e apertou os dentes ata o asubío final co que mandou á lona a todo un Celta de Vigo, campión Galego e que non perdía dende outubro.

 

“Esta vitoria ante el campeón Gallego cadete afianza la gran temporada que hicieron todos los jugadores”  Martín Murado CD Lugo

También puedes leer!

Punto e final á travesía do Polvorín

o Conxo Santiago eliminou aos de Caballero tras un encontro no que os lucenses soñaron co pase tralo 1-0

Leer más...

O Álex Blanco volverá ser decisivo

Oitenta minutos separan ao Calasancio do ascenso á Liga Galega. Un partido que se disputará en Monforte e no

Leer más...

Á cuarta foi a vencida da Sarriana

A xeración adestrada por Edgar impúxose a Burela na quenda de penaltis tras catro temporadas consecutivas chegando á final

Leer más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu