O Lugo despediu a División de Honra cun lixeiro sorriso

En División de Honra, Principal grande, Xuvenil, Xuvenil superiores

A competición finalizou cunha vitoria ante o Val Miñor nun encontro sen absolutamente nada en xogo na Cheda

 

CD LUGO 2 – VAL MIÑOR 1

O Lugo puxo o punto e final a unha nova tempada na que conseguiu, con factura, o principal obxectivo, a permanencia. Pero un curso máis esta competición segue deixando máis sombras que luces. É a máxima categoría do fútbol base nacional e estase quedando obsoleta en todos os sentidos.
A ampliación dos grupos propiciou que cada tempada a calidade da competición sexa menor. Os grandes non a toman en serio ou só o fan se teñen opción de ser campións. Incluso a Copa é un premio menor.
En teoría, a División de Honra xuvenil, á marxe de ser a última de formación, debería ser como foi durante moitos anos o trampolín para o fútbol profesional, pero cando remata a primeiros de abril, algo mal se está facendo de saída.
Esta tempada o Lugo volveu soñar con cousas importantes, o podio da clasificación final, sobre todo na primeira volta. Unha vez descolgados da loita e coa permanencia no peto, Álex Antón conseguiu o máis difícil, manter a ilusión pese á infinidade de cambios e debuts que se produciron ao longo da segunda volta. con 35 xogadores con minutos ao longo da tempada.
A despedida chegou ante o Val Miñor nun partido sen nada en xogo por parte de ambos conxuntos, unha falta de tensión indigna por momentos nun partido de División de Honra no que o Lugo puxo a efectividade cara á porta contraria.
Practicamente as únicas ocasións da primeira parte remataron en gol. O un a cero asinouno Shuster cun disparo pegado ao poste e, tras un remate do Val Miñor á madeira, antes do descanso, David Guitián fabricou o dous a cero nunha acción pola banda que culminou Rubén cunha boa chegada desde segunda liña.
Ao comezo da segunda parte, o Val Miñor recortou distancias cun penalti que transformou Ares. A partir de aí, os visitantes foron mellores ante un Lugo que se repregou e buscou as súas opcións á contra.
O Val Miñor estrelou outro balón no pau e asediou a portería defendida por Brais, pero o Lugo mantívose en pé e puido sentenciar o encontro tras un pase de Pera ao debutante Brian, pero o cadete non puido estrear a súa conta na máxima categoría nunha acción na que o porteiro visitante lle gañou a partida.

 

“Enhorabuena a todos los jugadores que participaron esta temporada y sobre todo a Álex Antón, Bruno y Fran por el excelente trabajo realizado” MIGUEL MATEOS CD Lugo

También puedes leer!

Punto e final á travesía do Polvorín

o Conxo Santiago eliminou aos de Caballero tras un encontro no que os lucenses soñaron co pase tralo 1-0

Leer más...

O Álex Blanco volverá ser decisivo

Oitenta minutos separan ao Calasancio do ascenso á Liga Galega. Un partido que se disputará en Monforte e no

Leer más...

Á cuarta foi a vencida da Sarriana

A xeración adestrada por Edgar impúxose a Burela na quenda de penaltis tras catro temporadas consecutivas chegando á final

Leer más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu