O Lugo confirma con puntos as boas sensacións tras catro semanas sumando

En División de Honra, Xuvenil, Xuvenil superiores

ÁLEX ANTÓN – CD Lugo

“Estamos no bo camiño e sobre todo estamos a competir a un bo nivel”

BANSANDER 0 – CD LUGO 2

O Lugo mantén a súa boa dinámica tras puntuar por cuarta xornada consecutiva. Nesta ademais conseguindo os tres puntos en Santander ante o Bansander nun partido de luva branca e no que debutou Cristian, xogador canario que é de primeiro ano.
Os dous equipos quixeron o balón dende os primeiros minutos, pero foi o Lugo o que gañou metros ata xogar a maior parte do tempo en campo rival. Pese a iso, os cántabros dispuxeron de dúas chegadas con perigo no tramo inicial ante as que respondeu con seguridade Julen.
Á media hora o Lugo deu o seu primeiro aviso cun remate de Peque dende a frontal da área, pero o intercambio era continuo e ao Bansander non lle importaba o dominio lucense, xa que á contra, sobre todo por medio do extremo Salas, xeraba sensación de perigo coa súa rapidez.
O encontro camiñaba con paso firme cara ao empate a cero ao final da primeira parte, pero no último minuto, unha internada de Rubi por banda dereita terminou cun centro que recolleu Martín chegando dende atrás. O lateral conectou un potente disparo cruzado co que inaugurou o marcador e deulle vantaxe ao Lugo xusto antes do descanso.
Na segunda metade o Lugo foi mellor en todos os aspectos do xogo e iniciou un carrusel de ocasións sen finalizar con dous disparos perigosos de Isma e Peque.
Pero o partido seguía vivo e Julen tivo que seguir seguro nalgunha contra illada dos locais, ata que chegou a sentenza co 0-2 a falta dun cuarto de hora.
A calidade uniuse nunha triangulación entre Dani Vidal, Jacobo e Isma que finalizou Ubay, pero o porteiro local parou o balón. Jacobo recolleu o rexeite e estableceu o definitivo cero a dous co que o atopou quedou visto para sentenza.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu