O Lugo chega ao parón de novo en ritmo de cruceiro

Vitoria de equipo grande a conseguida polo Lugo ante o Bansander na División de Honra xuvenil. Unha vitoria con moita letra pequena pero que vale máis que tres puntos pola forma na que se conseguiu.
Nun econtro marcado polo vento, os lucenses tiveron o aire a favor nos primeros corenta minutos, nos que salvo un susto inicial, o Bansander non se aproximou aos dominios de Víctor. Pola súa banda, os de Dani Galán colleron con bo gusto o mando do partido a partir da posesión de balón, con paciencia e acerto, ao inaugurar o electrónico ao cuarto de hora tras un penalti transformado por Aiman.
O 1-0 foi importante ao abrir a conta pero o 2-0 foi o da tranquilidade tras remachar Xoel Irimia unha xogada colectiva, e chegar ao descanso cunha boa renta tendo en conta que no segundo tempo o aire estaría a favor dun Bansander que tiña moito que decir nos segundos corenta minutos.
Os cántabros fixeron todos os cambios no entretempo e saltaron ao campo con moita máis intensidade para xogar en campo rival co aire a favor. Foi aí cando apareceu a madurez lucense ao non entrar en provocacións, igualar a intensidade e agardar o seu momento para poñerlle a guinda ao encontro, e esta chegou tras unha falta executada por Antón na que Buide volveu ensinar o seu apetito ofensivo nas accións a balón parado ao enviar o balón ao fondo das mallas tras anticiparse a un defensa local.
Co 0-3 o Bansander sacou a bandeira branca ante un Lugo que gañou ao grande no último encontro do 2022 para os de Dani Galán.

“PARTIDO MUY INTENSO EN LÍNEAS GENERALES. EL NIVEL DEFENSIVO DEL EQUIPO SIGUE CRECIENDO Y TIENE QUE SER UN CLARO DENOMINADOR A LA VUELTA DE VACACIONES” DANI GALÁN – CD Lugo

Salir de la versión móvil