O Lugo B xa acariña a permanencia

En Liga Nacional, Xuvenil, Xuvenil superiores

Os 38 puntos antóllanse suficientes para manter a categoría pero aos lucenses aínda lles quedan por diante cinco partidos con 15 puntos en xogo na Liga Nacional

 

ORILLAMAR 0 – CD LUGO B 3

O Lugo B, tras impoñerse ao Orillamar en Elviña, xa suma máis puntos nas últimas sete xornadas que nas primeiras 22 disputadas. Seis triunfos nos últimos sete encontros deixan aos de Mourelos practicamente coa permanencia asegurada a falta de cinco encontros.
Na Coruña, os lucenses recuperaron o pulso a domicilio tralo último apagón en Santiago. O encontro era a cara ou cruz para os herculinos e demostrárono desde o inicio, cunha posta en escena moi intensa coa que pecharon ao Lugo na súa área.
Os de Mourelos saíron sen rabuños do tramo inicial grazas á solvencia defensiva e, unha vez que capearon o arreón inicial, fixéronse co encontro nun terreo de xogo moi amplo no que o Orillamar non puido manter a presión inicial.
Dani Vidal demostrou unha vez máis que os galóns son para poñelos ao servizo do equipo e o capitán en División de Honra remangouse unha vez máis en Liga Nacional para ser determinante.
O medio centro inaugurou o marcador ao cuarto de hora tras aproveitar un rexeitamento e, a partir de aí, o Lugo B monopolizou o balón e o xogo, asinando o segundo tras unha longa xogada que rubricou Álex Ramos, estreando posición de nove. O dominio con posesións longas continuou na segunda parte na que Dani Vidal fixo o terceiro a pase de Martín.

 

“Din que para chegar no futbol, non se chama á porta, tírase con ela. Pois estamos a darlle unha boa tunda!” Mourelos CD Lugo B

También puedes leer!

Punto e final á travesía do Polvorín

o Conxo Santiago eliminou aos de Caballero tras un encontro no que os lucenses soñaron co pase tralo 1-0

Leer más...

O Álex Blanco volverá ser decisivo

Oitenta minutos separan ao Calasancio do ascenso á Liga Galega. Un partido que se disputará en Monforte e no

Leer más...

Á cuarta foi a vencida da Sarriana

A xeración adestrada por Edgar impúxose a Burela na quenda de penaltis tras catro temporadas consecutivas chegando á final

Leer más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu