O Lugo B volve a resetearse

En Liga Nacional, Xuvenil

Mourelos toma o mando do Lugo B, un equipo que necesita estabilidade tras catro adestradores no que vai de tempada e logo de xogar como local en tres terreos de xogo

O Lugo B volveu poñer o contador a cero e a resetearse en busca da estabilidade nunha tempada marcada polos malos resultados e os continuos cambios. Manuel Mourelos tomou as rendas do equipo esta semana na que pode ser a última posibilidade de alzar o voo na Liga Nacional esta tempada.
O debut non era o máis idóneo, xa que o Porriño é un dos equipos máis fortes en casa pero o Lugo B deixou destellos do que pode chegar a ser, especialmente no tramo inicial, mentres se mantivo o cero a cero no marcador.
Os lucenses ata sorprenderon con posesións en campo rival con perigo, entre elas unha clara ocasión de Xabi Domínguez tras pase ao espazo de Rubén, á vez que se mostraron sólidos en defensa, pero a moral do equipo está tocada e o primeiro revés case manda á lona ao Lugo B.
Aos vinte minutos chegou o un a cero nunha acción illada que deixou tocado aos de Mourelos. O Porriño non deixou pasar a oportunidade e ampliou a diferenza co dous a cero co que terminou a primeira parte.
Tras recuperar forzas e confianza no descanso, o Lugo B volveu dar unha boa imaxe ao comezo da segunda parte, pero en fronte atopáronse un Porriño sólido que tirou de oficio e apenas concedeu opcións.
Xa na recta final os locais levaron o marcador final ata o avultado catro a cero final, do que os de Mourelos deben facer borrón e conta nova.

Dobre xornada en casa
A mellor noticia nestes momentos concédea o calendario, xa que o Lugo B afrontará a dobre xornada desta semana con dous partidos en casa, primeiro ante o Valladares o vindeiro xoves e o fin de semana ante o Val Miñor B.

“Tivemos moi boa actitude ante un rival que foi superior” CASTRO CD Lugo B

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu