O Lugo B púxolle o broche de ouro ao curso co título de Copa

En Benxamíns, Segunda división Benxamín

O Burela SD quedou subcampión e o Porto de Burela A alzouse co terceiro posto nunha fase final marcada polas altas temperaturas no campo Municipal de Becerreá 

 

CD LUGO B 6 – BURELA SD 3

O Lugo B pechou co título de Copa unha segunda fase excepcional na que non perderon ningún partido, nin durante a Previa nin durante as concentracións nas que se disputou o trofeo. Con este aval chegaba a Becerreá, onde este sábado se disputou a fase final. como primeiros de Grupo I, clasificáronse para disputar a final co Burela SD, que obtivo a primeira praza do Grupo II, empatados a puntos coa Residencia pero con mellor goleaverage que os branquiazuis.
Bruno Piñeiro adiantou aos albivermellos no primeiro minuto, pero os da Marosa reaccionaroN cun gol de Óscar Fustes, que volvia deixar a final igualada.
O equilibrio durou pouco tanto sobre o terreo de xogo como sobre o marcador, xa que o Lugo B foi facéndose co dominio e as ocasións. Bruno Piñeiro amagou cun novo gol nun man a man e, pouco despois, fixo o segundo. Antes do descanso, Iago anotou o 3-1.
Tras o paso polos vestiarios, o Lugo B seguiu a ser superior e converteu as ocasións levando o marcador ata o 6-1 con tantos de Piñeiro, que marcou un hat trick, Manu e Hugo.
Nos minutos finais, o Burela SD recurtou distancia con dous goles de Noel e Jorge. Os de Simón Martínez, que xa fixeran unha boa primeira fase quedando ás portas do Provincial, asinaron o subcampionato de Copa, finalizando tamén o torneo moi por riba das expectativas iniciais.
O bronce tamén viaxou para a Marosa, xa que o Porto de Burela gañou o encontro polo terceiro posto no que se mediu á Residencia. Os de Raúl Lara impuxérone aos branquiazuis por 3-0.

También puedes leer!

Punto e final á travesía do Polvorín

o Conxo Santiago eliminou aos de Caballero tras un encontro no que os lucenses soñaron co pase tralo 1-0

Leer más...

O Álex Blanco volverá ser decisivo

Oitenta minutos separan ao Calasancio do ascenso á Liga Galega. Un partido que se disputará en Monforte e no

Leer más...

Á cuarta foi a vencida da Sarriana

A xeración adestrada por Edgar impúxose a Burela na quenda de penaltis tras catro temporadas consecutivas chegando á final

Leer más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu