O Lugo B puxo contra as cordas ao Celta B no treito final

En Liga Nacional, Xuvenil

3-0 ao descanso con dominio vigués, pero na segunda metade Yago recortou distancias con dous goles e non se sinalou un claro penalti local con 3-2 no marcador

O Lugo B saíu da Madroa dunha forma que poucos equipos logran facer, coa cabeza moi alta, xa que pese á derrota por catro goles a dous os de Mourelos tiveron serias opcións de puntuar no tramo final dun partido con dúas partes moi distintas.
Na primeira, o Celta B dominou a pracer, encerrou ao Lugo B no seu campo e levou o marcador ata o tres a cero co que se chegou ao descanso. Nos vestiarios Mourelos conseguiu o máis complicado, ao mentalizar ao seu equipo de disputar os segundos corenta e cinco minuto de ti a ti ante o líder da competición, no seu campo e perdendo por tres goles a cero.
O Lugo B foise con descaro a pols celestes, xogando en campo contrario e recortando distancias a falta de vinte minutos cun man a man que culminou Yago. O propio Yago foi o que asinou o tres a dous a falta de tres minutos cun disparo cruzado, e de novo Yago acaparou protagonismo ao ser derrubado dentro da área nun claro penalti que o árbitro non se atreveu a sinalar e que puido supoñer o tres a tres antes de que, tras un córner a favor, o Celta B asinase o catro a dous final nunha contra.

“Con tres a cero houbo algunha excusa. Sen elas, no minuto 87 era un tres a dous, diante do líder e na súa casa”CASTRO Lugo B

También puedes leer!

Punto e final á travesía do Polvorín

o Conxo Santiago eliminou aos de Caballero tras un encontro no que os lucenses soñaron co pase tralo 1-0

Leer más...

O Álex Blanco volverá ser decisivo

Oitenta minutos separan ao Calasancio do ascenso á Liga Galega. Un partido que se disputará en Monforte e no

Leer más...

Á cuarta foi a vencida da Sarriana

A xeración adestrada por Edgar impúxose a Burela na quenda de penaltis tras catro temporadas consecutivas chegando á final

Leer más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu