O Lugo B alcanza os 60 puntos trala vitoria ante o Rácing B

En Cadete, Cadete Superiores, Liga Galega Norte, Principal

IVÁN ALONSO – CD Lugo B

“El sentimiento de pertenencia de estos jugadores al club y a lo que busca transmitir es muy alto”

CD LUGO B 5 – R. FERROL B 2

O Lugo B segue intratable nas Gándaras, onde suma cinco vitorias consecutivas coas que os de Iván Alonso vanse ata os 60 puntos cando aínda restan por disputar dous encontros nos que intentarán quedar como o mellor equipo da Provincial -para iso só necesitan un empate- e pasar ao Deportivo B, que conta cun punto máis que os lucenses.
Varios xogadores do filial dobraron esta xornada, polo que o once sufriu algunha variación e, pese a iso, o Lugo B saltou ao terreo de xogo con moita confianza e cunha intensidade que o Rácing de Ferrol B non puido igualar. Aos dous minutos Manu inaugurou o marcador, aos cinco Mateo ampliouno e antes do cuarto de hora inicial Rosón xa sentenciara o partido co momentáneo tres a cero.
O Lugo B, lonxe de sufrir un empacho, continuou con fame de máis e Pérez, tras un saque de esquina, fixo o catro a cero, mentres que Manel, foi o autor do cinco a cero. Todo iso nunha primeira parte de escándalo dos lucenses na que roubaron, correron con cabeza e xeraron infinidade de ocasións.
O partido acougouse un pouco tralo paso polos vestiarios, cun Rácing de Ferrol B que para evitar unha goleada maior variou o seu xogo. Xogaron directos e quixeron ter o balón lonxe da súa área..
O Lugo B foise desconectando un pouco do encontro e os ferroláns aproveitárono para maquillar un pouco o marcador final con dous goles.
Nos últimos minutos ambos equipos quedáronse con dez xogadores, polo que a peor noticia deste partido é que Pérez perderase o próximo encontro, que será de novo nas Gándaras ante o líder da Liga, o San Tirso.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu