O Lugo B adianta ao Viveiro tras impoñerse no derbi Provincial

En Cadete, Cadete Superiores, Liga Galega Norte, Principal

Os capitalinos alcanzan os 40 puntos e deixan aos mariñaos con 39 a falta dunha xornada que os dous equipos afrontan sen nada en xogo a nivel clasificatorio

 

VIVEIRO CF 1 – CD LUGO B 2

Viveiro e Lugo B, dous equipos que chegan ao sprint final de tempada cos deberes feitos, medíronse no Municipal Marcos Gómez nun encontro no que os capitalinos foron máis consistentes e leváronse os tres puntos en xogo.
Nos primeiros minutos o Viveiro foi mellor e puido adiantarse no marcador tras cadansúa ocasión de Lucas, Loureiro e un centro perigoso de Pablo que non chegou a rematar ninguén.
Pero no ecuador da primeira parte o Lugo deu un paso á fronte ata dominar o encontro. Xoel Irimia estrelou o balón no poste cun disparo desde fóra da área e a Borja lle anularon un gol por fóra de xogo nunha primeira parte na que, pese a verse ocasións claras de gol, ao descanso chegouse co cero a cero inicial.
Luchi volveu repartir moitos minutos facendo tres cambios no descanso, entre eles a entrada do porteiro en idade infantil Unai en sustitución de Egoitz.
O Lugo B adiantouse no marcador cun remate de Nodar desde dentro da área, chegando desde segunda liña a un centro de Alesito ao cuarto de hora da reanudación.
Con vinte minutos por diante o porteiro Unai tívose que retirar lesionado, polo que Novo enfundouse as luvas e púxose baixo paus.
Xoel Irimia afinou o punto de mira tralo disparo ao poste na primeira parte e na segunda colocou o balón en toda a escuadra poñendo terra polo medio co cero a dous, xa con Novo na portería.
Alesito puido ampliar a renda cun disparo cruzado, pero sería Luís o que volvera reencontrarse co gol ao asinar o definitivo un a dous cun bo remate no segundo pau para darlle emoción aos dez últimos minutos dun derbi no que xa non houbo máis goles.

 

“Partido en el que nos pesó mucho estar salvados tan rápido. Estuvimos Demasiados relajados” LUCHI Viveiro CF

“Na meta apuntan e non preguntan. Pero se o fixeran habería moitas cousas boas que decir” SEOANE CD Lugo B

También puedes leer!

Punto e final á travesía do Polvorín

o Conxo Santiago eliminou aos de Caballero tras un encontro no que os lucenses soñaron co pase tralo 1-0

Leer más...

O Álex Blanco volverá ser decisivo

Oitenta minutos separan ao Calasancio do ascenso á Liga Galega. Un partido que se disputará en Monforte e no

Leer más...

Á cuarta foi a vencida da Sarriana

A xeración adestrada por Edgar impúxose a Burela na quenda de penaltis tras catro temporadas consecutivas chegando á final

Leer más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu