O Lugo adquire bos costumes

En División de Honra, Xuvenil

Nova vitoria coa solvencia como sinal de identidade antes de encarar a próxima xornada, na que catro dos cinco primeiros equipos se miden en dous duelos directos 

O Lugo está adquirindo o mellor dos costumes na División de Honra xuvenil, e non é outra que habituarse a gañar independentemente do rival, o escenario e as condicións que envolven cada partido.
Nesta xornada os de Álex Antón viaxaban a Santander para medirse cun clásico desta competición como é o Perines, pero tamén é coñecido o seu terreo de xogo no que os partidos están marcados pola intensidade, as disputas e as segundas accións. Especialmente neste partido ao engadirlle o ingrediente do vento, que foi un dos protagonistas ao longo dos noventa minutos.
Malia ter o aire a favor na primeira parte o Lugo xogou no seu campo, coas liñas xuntas para facerse forte ante o fútbol directo dos locais. O perigo do Perieés chegaba tamén en accións a balón parado como unha dubidosa falta ante a que se luciu Losada, pero no rexeite o Perinée inaugurou o marcador co un a cero antes do cuarto de hora inicial.
Este contratempo non puxo nervioso ao Lugo, e nada máis sacar de centro foise con descaro a pola remontada. Christian estivo a piques de asinar o empate cun remate de cabeza, pero este o asinou Casariego cun dos goles da tempada.
Schuster sacou unha falta lateral que foi rexeitada e o balón caeu en poder do lateral albivermello, que cun potente disparo desde corenta metros perforou a portería local para devolver as táboas ao marcador.
O Lugo estaba crecido e non se conformou co empate. Pouco despois do un a un, Schuster probou fortuna de lonxe e o golpeo do centrocampista lucense, axudado polo aire, sorprendeu ao porteiro cántabro subindo deste xeito o un a dous ao marcador no ecuador dunha primeira parte na que o Lugo puido matar o partido con algunha chegada clara entre a que destacou un remate de Álex Ramos.
O Perines quixo esgotar as súas opcións tralo paso polos vestiarios cunha intensa posta en escena, pero o Lugo puxo terra polo medio no marcador moi pronto, aos catro minutos do segundo tempo ao transformar Álex Ramos un penalti cometido por mans dun defensa local dentro da área.
A partir de aí o Lugo tirou de galones ante un Perines que non puido sacar proveito de ter o aire a favor nunha segunda parte marcada pola solvencia defensiva do Lugo.

Próxima xornada A División de Honra ponse a lume vivo pola parte alta da clasificación. Na próxima xornada o Lugo, segundo, recibe ao Oviedo, empatado no terceiro posto a dous puntos dos lucenses, e o líder, o Celta de Vigo, recibe na Madroa ao quinto clasificado, o Rácing de Santander.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu