O líder tirou de efectividade

En Cadete, Liga Galega

A contundencia do Bertamiráns valeu os tres puntos

O Rácing Villalbés cedeu os tres puntos en xogo no Roca ante o líder da Liga Galega cadete. Un Bertamiráns que aínda non coñece a derrota, pero que en Villalba tivo que exprimirse e tirar de efectividad para desnivelar o marcador ao seu favor.
O encontro empezou de forma vibrante, cunha clara ocasión para Iago Gesto, o mellor xogador do encontro, pero na acción seguinte, aínda no primeiro minuto de partido, o Bertamiráns inaugurou o marcador cun golazo desde fóra da área.
O xogo directo gañou moito protagonismo, xa que os dous equipos atopábanse cómodos con este estilo de xogo. O Rácing tiña chegadas grazas a impoñerse nas segundas xogadas, pero cando máis preto parecía o empate a un, o Bertamiráns puxo terra polo medio co cero a dous tras unha falta na frontal da área na que o Rácing fraqueou nun dos seus puntos fortes ao perder a marca.
Iago Gesto volveu roldar o gol antes do descanso e Gabi, cun man a man no que se lle foi o balón, tamén estivo a piques de recortar distancias.
Na segunda parte o Bertamiráns esperou máis replegado coa intención de matar o encontro nunha contra. Con todo, a solvencia do Villalbés estivo de dez unha vez máis e Cadra tivo a ocasión máis clara da segunda metade cun lanzamento de falta directa.

“Partido moi completo de todo o equipo, que por mor do acerto acaba en derrota, pero que nos fai medrar moito no colectivo” SIMÓN LAMAS RC Villalbés

También puedes leer!

Punto e final á travesía do Polvorín

o Conxo Santiago eliminou aos de Caballero tras un encontro no que os lucenses soñaron co pase tralo 1-0

Leer más...

O Álex Blanco volverá ser decisivo

Oitenta minutos separan ao Calasancio do ascenso á Liga Galega. Un partido que se disputará en Monforte e no

Leer más...

Á cuarta foi a vencida da Sarriana

A xeración adestrada por Edgar impúxose a Burela na quenda de penaltis tras catro temporadas consecutivas chegando á final

Leer más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu