O líder saíu de Lugo con vida de milagro

En Cadete, Cadete Superiores, Liga Galega Norte, Principal grande

IVÁN ALONSO – CD Lugo B

“Las cosas no ocurren por azar. El trabajo diario es lo que te permite disfrutar pasito a pasito, y en esta línea seguiremos”

CD LUGO B 2 – SAN TIRSO 2

O Lugo B volveu superar unha proba esixente con boa nota, malia quedarse con sabor agridoce logo de ver como o líder da Liga Galega cadete, o San Tirso, saía con vida das Gándaras tras empatar no último minuto de xogo.
Ata entón os de Iván Alonso trazaron o plan previsto á perfección, coas ideas claras ante o mellor equipo da competición. A premisa era roubar en campo rival, e fixérono con Manu e Brian na punta de ataque moi activos.
O Lugo B variou o debuxo táctico, en parte pola ausencia do sancionado Pérez, pero o equipo raiou a un nivel moi alto.
Aos catro minutos Manu acudiu á súa cita co gol por oitava xornada consecutiva ao inaugurar o marcador cun disparo desde fóra da área.
Samu estrelou un balón ao poste pouco despois, e o Lugo B sentíase cómodo ao poder elaborar o seu xogo tras roubos de balón. Con todo, a calidade do San Tirso apareceu á media hora de xogo ao empatar no seu primeiro disparo a porta.
Tralo descanso mantívose o mesmo guión, e á hora de partido Brian aproveitou un pase de Manu para facer o dous a un.
O San Tirso envorcouse en busca do empate no tramo final, e atopouno no último suspiro do mellor encontro que se pode ver nesta competición a estas alturas de tempada.
O Lugo B despedirá o curso ante o Lalín, na última xornada a domicilio.

También puedes leer!

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu