O líder remontou con autoridade o gol inicial de Noel

En Cadete, Cadete Superiores, Liga Galega Norte

LUCHI – Viveiro CF

“Partido moi igualado na primeira parte, na segunda gañaron porque foron mellores”

VIVEIRO CF 1 – SAN TIRSO 4

O fondo de armario do San Tirso, líder invicto da Liga Galega cadete, fíxose valer no Cembedo ante unha boa versión do Viveiro.
Os mariñaos plasmaron o traballado ao longo do parón liguero nos adestramentos sobre o terreo, sobre todo nunha primeira parte disputada de poder a poder. Mentres que na segunda, os visitantes deron un paso á fronte con cada xogador que entrou desde o banquiño para desnivelar o marcador.
No primeiro minuto o Viveiro adiantouse co un a cero. Un gol marca da casa tras un centro de Manu que rematou ao fondo das mallas Noel no segundo pau.
A partir de aí, o Viveiro non variou a folla de ruta marcada, exercendo unha boa presión e saíndo coas ideas claras á contra ante un rival con moita calidade pero que non atopaba vías para romper o entramado defensivo dos celestes.
Fixérono cunha acción moi difícil de defender, xa que un xogador visitante conectou un potente disparo desde trinta metros que supuxo o un a un á media hora de xogo. Ata chegar ao descanso o Viveiro pasou polos seus peores momentos ante un San Tirso crecido e que exhibiu no Cembedo todo o seu potencial, dándolle a volta ao marcador no último minuto da primeira parte.
Co un a dous no marcador e toda a segunda parte por diante, o Viveiro aínda tiña forzas para ir a por o partido, pero o San Tirso foi letal, asinando o un a tres aos dez minutos e o un a catro en pleno carrusel de cambios nunha segunda parte na que foron superiores.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu