O líder castigou ao Lugo cun resultado avultado pola gran pegada do Sporting

En División de Honra, Xuvenil, Xuvenil superiores

ÁLEX ANTÓN – CD Lugo

“A efectividade do rival marcou o encontro e o abultado resultado final”

CD LUGO 1 – SPORTING GIJÓN 5

O líder da División de Honra xuvenil, o Spórting de Gijón, exhibiu a súa pegada nos metros finais para desnivelar un partido moito máis igualado ante o Lugo do que indica o marcador final.
Os de Álex Antón encararon o encontro coa moral alta tralo goteo constante de puntos e foron a polo líder dende o inicio cunha efectiva presión en campo rival, sen especular nada.
O Lugo roubou e xerou ocasións, estrelando Martín un balón no pau aos tres minutos. O Spórting foi collendo aire e cada vez que lograba saír da presión daban sensación de perigo.
Chamaron á porta do gol tras un saque de esquina e acertaron aos vinte minutos, de novo tras un córner no que bateron a Julen cun gran remate de cabeza.
O cero a un reforzou as formulacións iniciais. O Lugo foise a polo partido e o Spórting esperou a súa oportunidade á contra. O plan executárono mellor os asturianos ao ampliar a vantaxe á media hora cun cero a dous que deixou tocado ao Lugo, que se afundiu co cero a tres ao filo do descanso cunha contra que definiron á perfección ante Julen.
Ao descanso o castigo era excesivo, pero o Lugo intentou meterse no encontro na segunda parte coa entrada no campo de Jesús e Navia. Precisamente este último recortou distancias tras unha gran xogada individual, na que tras irse de tres defensas colocou o balón en toda a escuadra. Con toda a segunda metade por diante o Lugo soñou coa remontada, xogou en campo rival e buscou o segundo gol, pero nunha acción individual o Spórting fixo o cuarto e tras un saque de esquina sentenciou o encontro co un a cinco final.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu