O Imperátor, con moito menos, fixo máis dano

En Infantil, Liga Galega Infantil

Boa versión dunha Residencia á que lle faltou contundencia arriba

IMPERÁTOR 3 – RESIDENCIA 1

A Residencia volveu deixar mellores sensacións do que indica o marcador final ante o Imperátor na Coruña, onde os herculinos tiveron a pegada que lle faltou aos de Kaiser ao longo do encontro para desnivelar o marcador ao seu favor.
Nos primeiros minutos a Residencia foi claramente superior, coas liñas xuntas roubou balóns e combinou ben para saír con perigo, chegando á área rival pero sen a guinda do gol. Pola súa banda o Imperátor, cando parecía máis inofensivo, aproveitou un saque longo do seu porteiro para inaugurar o marcador ao cuarto de hora tras un penalti. Practicamente os locais non se volveron a achegar aos dominios de David.
No descanso Kaiser deu confianza ao equipo e aos catro minutos Alonso empatou tras rematar un centro de Hugo desde a dereita. A Residencia gañou en confianza, pero nunha acción a balón parado chegou o dous a un e no desconto o excesivo tres a un final.

“En partidos como este falta esa pegada que es diferencial a la hora de sacar algo positivo. Gran esfuerzo de todos los chavales” KAISER Residencia

También puedes leer!

Punto e final á travesía do Polvorín

o Conxo Santiago eliminou aos de Caballero tras un encontro no que os lucenses soñaron co pase tralo 1-0

Leer más...

O Álex Blanco volverá ser decisivo

Oitenta minutos separan ao Calasancio do ascenso á Liga Galega. Un partido que se disputará en Monforte e no

Leer más...

Á cuarta foi a vencida da Sarriana

A xeración adestrada por Edgar impúxose a Burela na quenda de penaltis tras catro temporadas consecutivas chegando á final

Leer más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu