O gol volveu ser determinante

En Infantil, Liga Galega Infantil, Liga Galega Norte

A Residencia competiu ben por momentos, pero con balas de fogueo ante un Riveira máis contundente

 

RESIDENCIA 0 – AT. RIVEIRA 5

A Cheda despediuse da Liga Galega infantil ao disputar a Residencia o seu último encontro da tempada en casa ante o Riveira. Un novo encontro no que, durante fases do partido, as sensacións foron moito mellores do que indica o cero a cinco final.Nos primeiros minutos a Residencia mereceu o gol. Nada máis empezar un roubo de balón de Lucas desencadeou nunha clara ocasión, pouco máis tarde a Alonso se lle anulou un gol tras rebotar o balón en Lucas antes de entrar e acto seguido os de Kaiser tiveron un man a man para inaugurar o marcador.
A Residencia competiu con balas de fogueo e o Riveira cun arsenal. Na primeira chegada visitante chegou o cero a un por medio de Juan, que terminou cun póker de goles, e no ecuador da primeira parte o segundo para levar o marcador ata o cero a tres ao descanso.
Na segunda parte repetiuse o guión. O Riveira marcou na súa primeira ocasión mentres que a Residencia dispuxo de catro chegadas moi claras para poder maquillar polo menos o marcador final, pero sen o premio do gol. No último suspiro, no tempo de desconto, o Riveira fixo o cero a cinco final na Cheda.
Na próxima e última xornada a Residencia mídese co Bergantiños en Carballo na que será a despedida da Liga Galega infantil.

 

“Tratamos de competir, pero por momentos non foi posible” Kaiser SD Residencia

También puedes leer!

Punto e final á travesía do Polvorín

o Conxo Santiago eliminou aos de Caballero tras un encontro no que os lucenses soñaron co pase tralo 1-0

Leer más...

O Álex Blanco volverá ser decisivo

Oitenta minutos separan ao Calasancio do ascenso á Liga Galega. Un partido que se disputará en Monforte e no

Leer más...

Á cuarta foi a vencida da Sarriana

A xeración adestrada por Edgar impúxose a Burela na quenda de penaltis tras catro temporadas consecutivas chegando á final

Leer más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu