O gol séguelle dando as costas ao Lugo nesta fase

En Infantil, Liga Galega Infantil, Liga Galega Norte

BRAIS PRADOS – CD Lugo

“Fomos un equipo sólido é difícil de superar. Moi solidarios, faltounos acertar nas finalizacións que creamos”

PORTERO 2000 1 – CD LUGO 0

O Lugo segue dando pasos á fronte na Copa Galicia, pero a falta de gol está privando aos de Brais Prados do premio da vitoria.
Ante o Portero 2000 os lucenses foron de menos a máis, tardaron en asentarse no campo, sobre todo con balón, pero en defensa, como vén sendo habitual nos últimos encontros, estiveron a un bo nivel ao longo dos oitenta minutos de xogo.
A presión local propiciou continuas perdas do Lugo tras roubo de balón, polo que en ataque apenas tiveron presenza nunha primeira parte que terminou co cero a cero inicial.
Xa na segunda o Lugo deu un paso á fronte, pero cando as sensacións empezaban a mellorar en ataque, chegou o un a cero. O golpe foi duro para a moral lucense, pero lonxe de baixar os brazos, aos poucos repuxéronse e empezaron a xerar ocasións de gol. Sendo as máis claras para Borja cun disparo ao pau, Antón e Jorge, este último de novo dos máis activos, aínda que co asubío final, o Lugo quedouse ás portas de puntuar.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu