O gol séguelle dando as costas ao CD Lugo

En Infantil, Liga Galega Infantil, Liga Galega Norte

BRAIS PRADOS – CD Lugo

“Estou moi orgulloso deste gran partido que disputamos. O equipo segue en liña ascendente”

CD LUGO 0 – BERGANTIÑOS 1

O gol segue sendo a asignatura pendente do Lugo na Copa Galicia infantil, competición na que os de Brais Prados tan só suman dous goles nas cinco xornadas disputadas.
En canto a xogo, o Lugo B deu un paso á fronte e tivo ao Bergantiños contra as cordas durante moitos minutos, aínda que non o conseguisen mandar á lona.
Nada máis empezar, Borja, tras un pase de Freire, puido facer o un a cero. O mesmo que Ayman, que viu como o porteiro visitante se lucía tras un remate seu. Manel tamén tivo a súa ocasión, nun balón que se estrelaba no pau tras rozar nun defensa.
O premio do gol resistíase, pero o Lugo non cesaba no seu empeño de buscar a portería rival, con moitas chegadas por medio de Jorge e Freire que non atoparon rematador.
Ao descanso chegouse co cero a cero inicial, pero as sensacións eran de que tarde ou cedo o Lugo atoparía o camiño do gol na segunda parte.
A choiva gañou moito protagonismo tralo paso polos vestiarios encharcando por momentos o terreo de xogo, pero isto non varío a folla de ruta dun Lugo que volveu tomar as rendas do encontro e que quixo ser protagonista.
A entrada de Marco no terreo de xogo deulle máis verticalidade ao conxunto albivermello, e o propio Marco xerou unha clara ocasión tras gañar a liña de fondo nunha acción marca da casa na que o debutante Rosón non chegou a rematar por moi pouco.
O partido arrefriouse na recta final, pero cando todo indicaba que remataría co cero a cero inicial, a falta de catro minutos o Bergantños atopouse co único gol do encontro tras un despiste defensivo á hora de sacar unha falta en campo propio.

También puedes leer!

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu