O gol, materia pendente

En Cadete, Cadete Superiores, Liga Galega Norte

A Milagrosa mereceu máis ante un Calasanz B que tivo a pegada que lle faltou aos de Madriles en Frigsa

 

MILAGROSA 0 – CALASANZ B 1

A Milagrosa encaixou unha dolorosa derrota ante o Calasanz B en Frigsa. Dolorosa pola importancia dos puntos pero sobre todo por como se produciu.
Os de Madriles foron claramente superiores na primeira parte, que terminou con cero a cero, mentres que, na segunda, sen ter tanto dominio, dispuxeron das ocasións máis claras pese ao 0-1 co que terminou o partido.
Os herculinos, un dos mellores equipos da Liga, non se xogaban nada e notábase que tiñan menos presión. Na primeira parte a Milagrosa apertou arriba a saída de balón e practicamente xogouse en campo visitante, dispoñendo Cabarcos e Yago das dúas ocasións máis claras.
Con cero a cero iniciouse a segunda parte, na que o Calasanz B xa conseguiu saír con máis facilidade da presión lucense polo que Pablo, porteiro infantil que debutou na Liga Galega cadete, salvou o cero a un cun disparo afastado pero encaixou gol pouco despois tras un saque de esquina á hora de xogo.
Con vinte minutos por diante e co vento a favor, a Milagrosa xerou ocasións suficientes para gañar, sendo a máis clara un remate de Rafa á madeira. Ademais, Denís tivo dous man a man ante o porteiro herculino e Yago un remate franco no que tampouco atopou o camiño do gol. Un premio que se resistiu ata o asubío final, pese a merecelo.

 

“Creo que merecimos más en este partido. Toca levantarse y seguir trabajando” MADRILES Milagrosa

También puedes leer!

O Calasancio disparouse a súa última bala no pé

A derrota ante o Alondras deixa aos de Manu Rodríguez ao borde do descenso

Leer más...

Burela, Viveiro e Villalbés a un paso da loita polo ascenso infantil

O Rácing Villabés segue dependendo de si mesmo SAGRADO 0 – RC VILLALBÉS 5 O triunfo fronte ao Sagrado

Leer más...

O Lugo gaña en Nigrán e volve soñar cun posto no play off

A falta de dúas xornadas os albivermellos teñen opcións de estar entre os catro primeiros. Necesitan unha derrota do

Leer más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu