O Galicia Caranza asina unha remontada exprés en dous minutos fatídicos do Lugo B

En Cadete, Cadete Superiores, Liga Galega Norte

IVÁN ALONSO – CD Lugo B

“Seguimos en un buen proceso de aprendizaje. Tanto cuando ganamos como cuando perdemos seguimos siendo autocríticos para seguir mejorando”

G. CARANZA 3 – CD LUGO B 2

O Lugo B viu cortada a súa xeira de vitorias en Ferrol tras perder ante o Galicia Caranza nun encontro no que foron de menos a máis e no que viron como os ferroláns remontaban nun visto e non visto.
Nos primeiros corenta minutos os de Iván Alonso non se atoparon cómodos no terreo de xogo. O Galicia Caranza, necesitado de puntos para afrontar con tranquilidade o tramo final de Liga, suscitou un partido en repliegue ante o que o Lugo B non tivo precisión co balón para sobrepasar liñas e xerar perigo.
Nunha perda de balón chegou o un a cero, no ecuador da primeira parte. Un gol do que se repuxeron os lucenses cunha acción individual de Manu coa que se chegou ao descanso con empate a un, aínda que as sensacións eran mellores para os locais.
Xa na segunda parte o Lugo B deu un paso á fronte, con máis claridade de ideas co balón e minimizando as perdas. Manu foi o autor do un a dous co que os de Iván Alonso tomaban o mando no marcador pero cando máis controlado parecía o encontro, o Galicia Caranza empatou cun penalti e nada máis sacar de centro aproveitou o desconcerto do Lugo B para roubar e darlle a volta ao marcador con dous goles en apenas dous minutos.
Na recta final o Lugo B buscou o empate, pero o seu asedio quedouse sen derruba nesta ocasión.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu