O físico impuxo a súa lei

En Cadete Superiores, Liga Galega Norte, Principal

O lugo b, pese a irse ao descanso 2-0, cedeu ante o EstradaO Lugo B cedeu os tres puntos en xogo ante un Estrada moi forte físicamente e que foi capaz de remontar na segunda parte o 2-0 co que se chegou ao descanso.
Ata entón os de Edu Rodríguez, sen atoparse do todo cómodos en ningún momento, sacaron petróleo da primeira parte ao irse cunha vantaxe de dous goles tralos tantos asinados por Gabri, cun remate de cabeza, e de Leo, que debutou oficialmente co Lugo asinando o dous a cero cunha precisa vaselina.
O Estrada foise ao descanso con demasiado castigo tralo sucedido na primeira metade, polo que non renunciou aos puntos pese ao que reflectía o marcador.
Co paso dos minutos na segunda parte o maior potencial físico dos visitantes facíase valer cada vez máis. Cada balón longo era unha odisea para a zaga local e unha oportunidade para o Estrada, que recortou distancias aos 57 minutos e tan só dez máis tarde xa mandaba por dous goles a tres no marcador.
Na recta final puido chegar o cuarto dos visitantes, pero o Lugo B tamén puido pescar un punto ao dispoñer dunha clara ocasión, cun centro de Unai que se paseou por diante da portería, chegando Alejandro Arranz moi forzado para rematar no segundo poste.
Ao final, sabor amargo trala derrota ante un equipo superior, sobre todo no aspecto físico, nun partido no que o Lugo B soñou cos tres puntos no descanso.

También puedes leer!

O Calasancio disparouse a súa última bala no pé

A derrota ante o Alondras deixa aos de Manu Rodríguez ao borde do descenso

Leer más...

Burela, Viveiro e Villalbés a un paso da loita polo ascenso infantil

O Rácing Villabés segue dependendo de si mesmo SAGRADO 0 – RC VILLALBÉS 5 O triunfo fronte ao Sagrado

Leer más...

O Lugo gaña en Nigrán e volve soñar cun posto no play off

A falta de dúas xornadas os albivermellos teñen opcións de estar entre os catro primeiros. Necesitan unha derrota do

Leer más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu