O filial tivo excesivos factores en contra

Unha, canto menos rigurosa, expulsión e unha actitude pouco amigable do colexiado, marcaron o encontro do Lugo B en Porriño, onde os alvibermellos xogaron unha hora en inferioridade numérica trala roxa directa a Diego.
Ata ese momento o encontro era de poder a poder. Fran Blas tivo o 0-1 cun remate dende dentro da área pero adiantouse o Porriño tras unha man non sinalada do atacante local. Acto seguido chegou a expulsión de Diego co colexiado moi lonxe da xogada.
No descanso Roberto Fernández intentou recompoñer o equipo, pero co 2-0 aos cinco minutos da reanudación e con un xogador menos o encontro púxose moi costa arriba,
O Lugo B foi ambicioso e xogou ao ataque cunha liña de tres defensas dispuxo de dúas ocasións por medio de Álex García e Keko para meterse na loita polos puntos, pero a moeda caeu cruz e o que ampliou e sentenciou o encontro ata un excesivo 4-0 final foi o Porriño con dous goles máis.

 

“DOS PARTIDOS MUY DIFERENCIADOS POR UNA CONFUSA EXPULSIÓN” ROBERTO FDEZ. – CD Lugo B

Salir de la versión móvil