O empate no derbi sábelle mellor á Residencia

En Liga Galega, Principal grande, Xuvenil superiores

RESIDENCIA-VIVEIRO
Derbi Provincial para abrir o 2023 no Grupo Norte da Liga Galega xuvenil ao citarse na Cheda Residencia e Viveiro CF nun encontro marcado pola praga de baixas nos capitalinos ao non poder contar Adrián Vázquez con Javi Calderón, Diego, Pipi, Rodri ou Nacho, ademais de verse obrigado o adestrador local a sustituir a Manu e Alexito no primeio tempo tras sendas lesións.
Todo isto ante un Viveiro que, a pesar da xa reiterada ausencia de Lucas Fanego, de novo citado co equipo de Terceira División, presentouse na Cheda co obxectivo de recuperar a fiabilidade e sensacións coas que arrincou a tempada.
Carra intentou sorprender de inicio cun cambio de sistema, marcado polos tres centrais e con Ferro e Dean na punta de ataque. Un plan que non saíu como se agardaba xa que os mariñaos apenas deron sináis de vida ata a hora de xogo, momento no que Adri Díaz tirou de calidade para empatar o encontro cun gran disparo dende fora da área.
Antes, o partido arrincara marcado polas ausencias de inicio na Residencia e pola lesión de Manu nos primeiros minutos. Adrián Vázquez tivo que volver completar o puzzle situando a Érik coma defensa central ante dous dos mellores atacantes da competición, Ferro e Dean,
A Residencia medrou ante a adversidade e nos primeiros minutos anulóuselles un gol antes de que Goas volvese a forzar un penalti esta tempada e Jorge transformouno subindo ao marcador o 1-0 pasada a media hora de partido.
Antes do descanso, Alexito tivo que abandoar o terreo de xogo lesionado, incrementando os problemas para os capitalinos en forma de ausencias.
Carra intentou variar o rumbo do encontro cun cambio de sistema de xogo no Viveiro, que recuperou o clásico 4-3-3 de cara ao segundo tempo, no que os mariñaos foron medrando co paso dos minutos
Pasada a hora de xogo Adri Díaz puxo o balón en toda a escadra da portería capitalina cun gran disparo dende fora da área, recompensado a melloría do Viveiro nun segundo tempo no que buscou e tivo ocasións para culminar a remontada, especialmente un man a man no que Mariño lle gañou a partida a Dean.
Ao final, reparto de puntos que sabe mellor para os da Cheda tras superar as numerosas ausencias e aguntar en pe ante o empuxe final dun Viveiro que, tras regalar unha parte, deu un paso adiante no segundo tempo do derbi Provincial da xornada na Liga Galega xuvenil.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu