O empate entre Sagrado e Resi B aperta a táboa

En Cadete, Provincial

No grupo centro, mentres que Ribadeo e Residencia A, que non cederon ningún punto, se van abrindo camiño como líderes en solitario no Norte e no Sur

Ribadeo e Residencia A, líderes dos grupos Norte e Sur, son os únicos equipos que non cederon ningún punto desde o inicio da Liga.

Duelo na cima
Residencia B e Sagrado cederon os primeiros nun duelo directo que apertou a cima da táboa no grupo Centro. O Sagrado comezou mellor sobre o recén estreado tapete da Cheda, pero o partido foi de dominio alterno e, no treito final, co 2-2 no marcador, os branquiazuis foron máis ambiciosos, pero non lles chegou o premio. Castro e Abuín tamén pecharon en táboas o partido desta xornada, mentres que Polvorín e Casás venceron con comodidade nos seus respectivos encontros.

Pleno de puntos
O Ribadeo segue a sumar de tres en tres e amosando a súa candidatura ás cotas máis altas esta temporada. Ante a Pontenova gústouse no tramo final do partido no que amosou os seus recursos en ataque. O Foz, que recuperou un punto no treito final do partido ante o Xove Lago, e o Burela, que volveu á senda da vitoria ante o Viveiro CF B, tratan de seguirlle o ritmo.
Na zona baixa, o Villalbés B encadeou en Lourenzá a segunda vitoria consecutiva. Os chairegos volveron ter a eficacia e a seguridade defensiva que lles faltou nos primeiros partidos da competición.

Relevo no liderado A primeira praza do grupo Sur queda nas mans da Residencia, que se impuxo no duelo directo co Monterroso. Malia a igualdade numérica, os branquiazuis partían como favoritos, pero o Monterroso aproveitou o factor campo e ocasións para apertar o marcador. Por detrás deles camiña a Sarriana A, máis eficaz que a Piringalla nas Gándaras. O Polvorín B celebrou a primeira vitoria.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu