O efecto Frigsa será de novo determinante

En Cadete, Cadete Superiores, Liga Galega Norte

A permanencia pasa por puntuar no último encontro ante o Estrada, un partido que se disputará dentro de 15 días no Luis López Gorgoso

 

BERGANTIÑOS 3 – MILAGROSA 1

Acabáronse os tests. A Milagrosa ten o exame final no que se xoga todo o traballo da tempada e do club en oitenta minutos ante o Estrada en Frigsa.

Aos de Madriles, como nesta último encontro, valeranlles dous dos tres posibles resultados ante un equipo que sumou un punto dos últimos 18 en xogo.
Á marxe da irregularidade da tempada o certo é que a Milagrosa ten quince días por diante para preparar o exame final no que, empatando ou gañando, terán asegurada a permanencia. Unha derrota, e vista a dinámica do Victoria B, propiciaría o descenso.
O último comodín esgotárono os de Frigsa en Carballo ante o Bergantiños, nun partido no que tamén lles servían dous dos tres posibles resultados.
A Milagrosa tocou a permanencia cos dedos, xa que a falta de vinte minutos gañaba cero a un. O empate valíalles pero terminaron encaixando tres goles que dilapidou as opcións de permanencia esta xornada.
Na primeira parte a Milagrosa chegou con vida ante un Bergantiños que foi mellor, pero na segunda parte Denís e Yago acariñaron o cero a un que asinou Miguel rematando unha falta lateral. A partir de aí vinte minutos por diante nos que o Bergantiños empatou e deulle a volta ao marcador en apenas dous minutos sentenciando co tres a un na última xogada do encontro.

 

“A falta de veinte minutos, con cero a uno nos valían dos de los tres resultados, se dio el que no valía y nos la jugamos en el último encuentro” MADRILES SDC Milagrosa

También puedes leer!

O gol volveu ser determinante

A Residencia competiu ben por momentos, pero con balas de fogueo ante un Riveira máis contundente   RESIDENCIA 0

Leer más...

O Lugo despídese na casa pola porta grande

os de Martín Murado impuxéronse ao Celta de Vigo, campión da División de Honra que non perdía dende outubro

Leer más...

Encomiable esforzo con recompensa final

O Lugo B vaciouse na Cheda para puntuar ante o Celta de Vigo B, de novo campión da Liga

Leer más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu