O Dumbría dinamitou o partido en dez minutos

En Cadete, Provincial

0-3 no marcador nas tres primeiras aproximacións dos visitantes

O Dumbría tamén presentou a súa candidatura ao ascenso no debut da Milagrosa esta tempada no Luís López Gorgoso, onde os visitantes exhibíronse no primeiros dez minutos levando o marcador ata o cero a tres nas súas tres primeiras chegadas á área local.
Un saque de banda sen aparente perigo, un balón longo ás costas da defensa e un centro lateral sentenciaron o encontro nos primeiros dez minutos co cero a tres.
A Milagrosa baixou os brazos en ataque, pero en defensa os de Madriles tiraron de orgullo e con iso evitaron que a sangría na primeira parte fose maior.
A defensa, que estivo mellor que noutros encontros, contaxiou un pouco ao resto das liñas e grazas a iso viuse a unha mellor Milagrosa nos segundos corenta minutos, en que competiron ante un dos grandes desta Liga e mesmo recortaron distancias co gol de Cabarcos nos minutos finais.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu