O Dépor derruba o fortín e provoca a primeira derrota do Viveiro no Cembedo

En Cadete, Cadete Superiores, Liga Galega Norte

LUCHI – Viveiro CF

“Resultado injusto por el juego que realizamos ambos conjuntos”

VIVEIRO CF 0 – DEPORTIVO B 3

O Deportivo B conseguiu o que ninguén lograra esta tempada, sumar os tres puntos no Cembedo ante o Viveiro na Liga Galega cadete. Os herculinos fixérono, pero sufrindo ante un Viveiro que mereceu moito máis premio tralo visto ao longo dos oitenta minutos.
Na media hora inicial os de Luchi plasmaron todo o ensaiado ao longo da semana sobre o terreo de xogo. Exerceron unha alta e efectiva presión, obrigando a xogar en longo aos herculinos, polo que practicamente xogouse seguido en campo visitante.
Manu Río estrelou un balón no poste tras regatear ao porteiro do Dépor, xusto antes de que os branquiazuis inaugurasen o marcador na súa primeira ocasión, tras un saque en longo do porteiro, unha prolongación e un gran remate, imparable para Egoitz.
Ao descanso chegouse co inxusto cero a un, pero a crueldade aínda foi maior ao comezo da segunda parte, xa que Manu Río volveu dispoñer dunha clara ocasión, pero de novo tras esta acción a contundencia do Deportivo B foi demoledora ao levar o marcador ata o cero a dous, outra vez nunha acción que naceu nun saque de portería visitante.
Luchi quixo ir a por o partido metendo máis xogadores ofensivos no terreo de xogo, pero o Viveiro perdeu o control e o Deportivo B fixo un fútbol control ata que se atopou co excesivo e avultado cero a tres ao culminar unha contra no último minuto, cando os celestes estaban envorcados en busca do un a dous.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu