O Conxo foi máis contundente e eclipsou o bo xogo do Lugo B

En Liga Nacional, Xuvenil, Xuvenil superiores

BRUNO RODRÍGUEZ – CD Lugo B

“A pesar do resultado debemos quedarnos con todo aquelo que fixemos ben”

CONXO 1 – CD LUGO B 3

O Conxo quedouse cos tres puntos en xogo en Santiago ao exhibir unha maior contundencia en ambas áreas ante un Lugo B que dominou durante moitas fases do encontro, sobre todo na primeira parte, malia que ao descanso chegouse con dous a un no marcador.
A primeira media hora do conxunto de Bruno Rodríguez foi moi boa, sólidos en defensa e con profundidade en ataque, sobre todo por banda dereita con Noel e Dani Real gañando a liña de fondo e servindo bos centros que non atoparon rematadores.
Óscar e David probaron fortuna desde fóra da área ante un rival metido no seu campo e que esperaba algún erro do Lugo B para saír á contra.
Os lucenses perdoaron, pero os composteláns inauguraron o marcador nunha das súas primeiras ocasións ao bordo da media hora de partido. Pouco despois Óscar devolveu as táboas ao marcador ao rematar un saque de esquina, pero antes do descanso chegou o inxusto dous a un co que o Conxo pechaba a primeira parte con demasiado premio.
Ao comezo da segunda parte o Lugo B volveu ser o dominador do encontro, presionando en campo rival e obrigando aos locais a xogar en longo, á vez que gañaban as segundas xogadas e continuaban tendo o protagonismo do xogo.
Ao cuarto de hora Bruno Rodríguez variou o sistema de xogo, pasando a un 4-4-2. O Lugo B perdeu algo o control, pero tivo ocasións máis claras como un disparo de Nassím, e chegadas con perigo de Óscar, Lis e Dani Arias. Con todo o gol do empate resistiuse e na última xogada do encontro o Conxo levou o marcador ata o tres a un cando o Lugo B buscaba á desesperada o empate a dous.
Na próxima xornada o Lugo B recibirá na Fonte ao Coruxo, penúltimo clasificado da Liga Nacional xuvenil, que vén de empatar ante o Compostela e que na primeira volta empatou a cero cos albivermellos.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu