O Compostela impuxo a lei do gol nas Cancelas

En Liga Galega, Xuvenil

O Viveiro tan só foi inferior na contundencia en ambas áreas

O Compostela quedou cos tres puntos en xogo no Municipal As Cancelas tras un encontro que se decidiu por detalles. O máis significativo foi a contundencia en ambas áreas, onde os composteláns foron mellores, e tamén pola solidez defensiva do Compostela na recta final do encontro.
A igualdade inicial estivo a piques de rompela Iago cun gol que lle anularon por fóra de xogo. Pero ao cuarto de hora o Compostela tomou o mando no marcador tras a súa primeira chegada.
O Viveiro tivo que remar contracorrente pero fíxoo e xerou ocasións para empatar a pesar de que ao descanso chegouse con un a cero. Xa na segunda parte Iago culminou unha acción que naceu entre Macly e Pablo Chao para asinar o un a un. A partir de aí o Viveiro gozou dos seus mellores minutos, con dúas ocasións moi claras por medio de Macly e Jairo que puideron cambiar o guión do encontro.
O Viveiro perdoou e os locais tirou de pegada para aproveitar un dos poucos erros defensivos dos celestes na segunda parte para poñerse de novo por diante. No tramo final os celestes chocaron coa solidez defensiva dun Coimpostela totalmente pechado.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu