O cero a cero entre Lugo e Sagrado Corazón ponlle a Liga de cara ao Xove

En Prebenxamíns, Primeira División, Principal

O inusual cero a cero co que finalizou o encontro entre o Lugo A e o Sagrado Corazón deixa ao Xove Lago con dous puntos de vantaxe á fronte da clasificación cando tan só resta unha xornada por disputar.O Xove Lago será campión si empata ou gaña nas Gándaras na última xornada, na que se mide co Sagrado Corazón, mentres que as opcións do Lugo A para asaltar o primeiro posto pasan por gañar o seu partido ante o Santiago de Foz e esperar que o Sagrado Corazón se impoña ao Xove Lago.
O desenlace final do Provincial prebenxamín será a próxima fin de semana, unha vez que Lugo A e Xove teñen asegurada a súa presenza no Campionato Galego.
No resto dos encontros da xornada brillou con luz propia Roni, xogador do Piringalla, que asinou sete goles ante o Viveiro A en As Gándaras.
En Ribadeo o Santiago de Foz demostrou que está nun bo momento tras impoñerse por dous goles a sete e que plantará cara ao Lugo A na última xornada, na que aos capitalino tan só lles vale gañar para seguir mantendo opcións ao título Provincial.

También puedes leer!

O gol volveu ser determinante

A Residencia competiu ben por momentos, pero con balas de fogueo ante un Riveira máis contundente   RESIDENCIA 0

Leer más...

O Lugo despídese na casa pola porta grande

os de Martín Murado impuxéronse ao Celta de Vigo, campión da División de Honra que non perdía dende outubro

Leer más...

Encomiable esforzo con recompensa final

O Lugo B vaciouse na Cheda para puntuar ante o Celta de Vigo B, de novo campión da Liga

Leer más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu