O CD Lugo tivo dez minutos fatídicos en Vigo

En Infantil, Liga Galega Infantil, Liga Galega Norte

BRAIS PRADOS – CD Lugo

“Dez minutos fóra do partidos leváronnos a este resultado final tan avultado”

STA. MARIÑA 8 – CD LUGO 1

Excesivo castigo para o Lugo na súa visita a Cotogrande, onde o Santa Mariña endosoulle un avultado oito a un que non é un fiel reflexo do sucedido no terreo de xogo, sobre todo na primeira parte na que o Lugo, malia encaixar o primeiro gol nada máis empezar, estivo metido no partido e foi mellor durante moitas fases.
Ao comezo o Santa Mariña fixo o cero a un cun disparo desde fóra da área. Pero o Lugo repúxose con firmeza e fíxose dono do balón, algo que aos locais non lles importaba xa que esperaban ordenados para roubar e saír rápido á contra. Deste xeito chegou o dous a cero á media hora de partido.
Antes do descanso o Lugo recortou distancias ao transformar Unai un penalti e Borja, cun disparo ao pau puido levar o marcador ata o dous a dous ao final da primeira metade.
Na segunda, os primeiros dez minutos dos lucenses foron moi bos e parecía cuestión de tempo que chegase o empate. Con todo, o Santa Mariña exhibiu un contragolpe demoledor a partir da hora de xogo castigando todas as perdas de balón do Lugo con goles.
Entre os minutos 63 e 73 os locais romperon o partido con cinco goles, todos baixo un mesmo guión, con roubos e saídas á contra coas que desarbolaron aos lucenses, que encaixaron o definitivo oito a un no último minuto dun partido cun castigo excesivo.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu