O CD Lugo tamén caeu ante o Pontevedra, a gran revelación

En División de Honra, Xuvenil, Xuvenil superiores

ÁLEX ANTÓN – CD Lugo

“Estuvimos imprecisos en la fase de finalización”

PONTEVEDRA 2 – CD LUGO 1

O Lugo foi de menos a máis ante un Pontevedra que, a falta de dúas xornadas para o final da División de Honra xuvenil, xa se gañou a pulso o cartel de equipo revelación da competición.
Os de Álex Antón presentáronse en Meis cos deberes feitos ao ter xa asegurada a permanencia, o que propiciou un exceso de relaxación nos primeiros minutos, nos que se viron superados pola intensidade do Pontevedra.
Froito diso ao cuarto de hora chegou o un a cero, tras un remate de cabeza tras unha falta lateral. A partir de aí o Lugo empezou a espertar en ataque da man de Jesús e Nathan ante un Pontevedra que asumía moitos riscos na saída de balón.
O un a un parecía cuestión de tempo, pero o Pontevedra sorprendeu co dous a cero, un golazo de Rivera tras conectar un gran golpeo coa zurda desde o borde da área ante o que nada puido facer Brais.
Xa na segunda parte o Lugo fíxose co mando total do encontro, encerrando ao Pontevedra no seu campo, xerando e dispoñendo de claras ocasións de gol. De novo Jesús e pouco despois Brais, tiveron o dous a un nas súas botas nuns vinte minutos da segunda parte moi bos do Lugo.
Ao non recortar distancias os de Álex Antón empezáronse a desesperar, pero o premio, aínda que chegou tarde, chegou. Nathan, como na xornada pasada, foi derrubado nunha internada, nesta ocasión dentro da área, e Rubi foi o encargado de materializar o penalti nun encontro no que a outra nota positiva e destacada púxoa Rodri, co seu debut na máxima categoría do fútbol base nacional.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu